Ibuprofeno-Teatro
Ibuprofeno-Teatro

Este sábado, ás 21.00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal a compañia Ibuprofeno-Teatro presenta a obra teatral: “O Furancho”. A entrada é de balde.

Sinopse:

No noso Furancho pode consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade no que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para os que non beben alcol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro ofrécense tratamentos de beleza e saúde baseados na vinoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzamos as sementes das variedades máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che achegue relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.