castro Pedra Moura

Non se trataba dun concurso de fotografía, senón de procurar o emprazamento máis acaído para situar “Un lugar para un banco”. O obxectivo é procurar imaxes de lugares de Gondomar, onde as vistas panorámicas do Concello , do Val Miñor ou da costa invitasen a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

As votacións non deixarón lugar a dúbida e o lugar escollido, está na arroquia de Borreiros nas inmediacións do Castro da Pedra Moura. Dos 539 votos validados, o 64% decantouse por esta localización, sumados os votos das tres fotografías selecciónas deste lugar. Por tanto, o emplazamento elexido para a colocación do “Banco para o Mundo”será nos arredores Castro de Pedra Moura, na parroquia de Borreiros.

A foto gañadora por votación en liña, foi a de José Iglesias Estévez, titulada “Vista do rio Miñor, Baiona, Lourido, Monteferro, illas Estelas, illas Cíes, Cabo Home e Castro de Pedra Moura (Borreiros) , acadando un total de 154 votos e por tanto gañador do diploma acreditativo, así como unha cea para duas persoa, cortesía da Tapería Rural Ardora en Gondomar.

O gañador do sorteo dun móbil libre Primux Delta 6 cortesía de Expert Gondomar foi Javier Lorenzo. O concello porase en contacto cós gañadores para a entrega dos correspondentes premios.

Como curiosidades estatísticas, destacamos que o concurso tivo máis de 3500 entradas na wed, e que rexistramos votos chegados dende os lugares máis insospeitados: Australia, Mozambique, EEUU ou Xapón. Aínda que como é loxico, a maioría dos votos emitidos dende o estranxeiro, procedían de Latinoamérica, de onde chegaron 56 votos validos.