Centro Salud Gondomar
ALFREDO // Las obras en el centro de salud de Gondomar (Archivo)

Gondomar Concello Aberto, está a realizar unha campaña para que a construción do novo Centro de Saúde de Gondomar recolla as necesidades e servizos que demanda o municipio e con capacidade para atender a toda a súa poboación, con mocións no concello, recollida de firmas, solicitude de entrevista co Conselleiro de sanidade, etc.

O proxecto actual substitue ao proxectado no 2009, tras ser consensuado cos profesionais da saúde e as forzas sociais, reduce tanto a cantidade de persoal destinado ao centro como a superficie do mesmo conseguindo que sexa insuficiente desde que nace.

Así, a formación política convoca a toda a cidadanía a unha concentración, este sábado, ás 12:00 horas, diante do Centro de Saúde actual para “conseguir o centro de saúde que Gondomar necesita”.