Anxo Baz

O BNG esíxelle ao alcalde que aclare dunha vez as importantes irregularidades cometidas  na contratación do tren turístico para este verán que acaba de rematar. «Non consta quen  aprobou os prezos públicos que tiveron que pagar os usuarios nin tampouco existen os informes preceptivos que tiñan que emitir distintos departamentos do Concello para poder aplicalos», afirman os nacionalistas.

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda, considera que «o proceso de contratación foi totalmente irregular e carece da máis mínima transparencia. Descoñecese os apaños aos que chegou o Alcalde coa empresa e a onde foron parar os cartos cobrados aos usuarios xa que por outra parte, a empresa recibiu 15.000 € do Concello por facer o servizo».

O nacionalista acabou concluíndo que «Carrero ten que dar moitas explicacións por este proceso repleto de presuntas ilegalidades e aclarar a onde foron parar os cartos cobrados as persoas que utilizaron o servizo».