O BNG anima á veciñanza do Val Miñor a participar nos actos de peche de campaña das eleccións ao Parlamento da Galiza.
Este xoves 15 de febreiro terá lugar o acto de peche de campaña en Vigo, ás 20:00 horas, no auditorio Mar de Vigo. No acto intervirán: Xabier Pérez Igrexas (portavoz municipal), as candidatas Carmela González, Alexandra Fernández e Luís Bará, e a candaidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón.
Por outra banda, o venres 16 ás 20:00 horas terá lugar o acto de peche de campaña nacional, no Multiusos Fontes do Sar en Compostela. Terá un formato de festa mitin, coa actuación musical de «De Ninghures» e DJ Misa. Intervirán a alcaldesa de Compostela Goretti Sanmartín e Ana Pontón.
Para este acto o BNG porá un bus que sairá desde a Ramallosa. Reserva a túa praza en nigran@bng.gal ou no 689734528.
«Se queres participar neste momento histórico, formar parte da historia, do cambio galego que vai converter a Ana Pontón na primeira muller presidenta da Galiza, non o dubides, vén connosco».