O BNG chama a participar na concentración deste sábado «porque todo Gondomar é afectado polas inundacións«. A concentración será ás 12:00 da mañá diante do Concello, en demanda de medidas urxentes que eviten as graves consecuencias das enchentes.
Esta concentración implica a todo o concello, non só ás persoas afectadas directamente polas inundacións. Ademais da veciñanza que sofre o asolagamento de vivendas, garaxes, negocios, o desbordamento dos ríos afecta ás persoas que usan dependencias municipais e públicas como as pistas de tenis, aulas das actividades do CDL, zonas de paso, pontes, aparcadoiros, mercado, comercios….
«A concentración pretende ser unha chamada de atención aos gobernos que teñen as competencias e a posibilidade de evitar as consecuencias das enchentes. Ao tempo que unha forma de mostrar a indignación ante as escusas e as acusacións cruzadas entre Xunta e Concello sen nin unha nin outro poñer en marcha as medidas precisas», sinalan dende o BNG.
