O BNG da Guarda fai un chamamento á veciñanza da Guarda a participar na mobilización do vindeiro 12 de febreiro en defensa da sanidade pública, convocada por SOS Sanidade Publica e as Plataformas, que terá lugar en Compostela.

“Levamos anos de recortes e privatizacións do PP na sanidade pública, que nos levan ate a  grave situación que vivimos hoxe” explica Anxo Baz. “Pacs sen médicos, 15 días de espera para acudir o médico de cabeceira, nenas e nenos sen pediatra e as urxencias colapsadas. Hai moitas razóns para participar nesta  mobilización”.

Para acabar concluíndo, “coa saúde das galegas e galegos non se xoga,  por iso o BNG da Guarda, vai estar e anima a toda a veciñanza a participar e defender a sanidade pública galega. Porque está en xogo a saúde de hoxe e de mañá”.