O BNG vai adicar toda a fin de semana a realizar diversos actos reivindicativos polas parroquias de Baiona. Comezará o venres 17, Día das Letras, cun xantar reivindicativo en Chan da Lagoa.
O sábado visitarán un enclave único en Baiona, cunha andaina en Belesar polo Alto da Groba e o domingo, en Sabarís, repetirán andaina dende o recentemente renomeado Centro de Interpretación da Foz do Miñor até o Camping Baiona Praia. Conclúe os actos parroquiais o luns en Baredo, nun encontro aberto no seu Centro Cultural.
«Con estes actos o BNG quere transmitir as súas propostas programáticas dun xeito máis aberto e participativo co veciñanza, selo que transmitirá na súa acción de goberno en caso de contar coa confianza da veciñanza baionesa» salienta Iago Pereira, candidato á Alcaldía pola formación nacionalista.