ALFREDO

O BNG de Gondomar convoca á veciñanza de Vilaza a unha asemblea informativa sobre a problemática do servizo de subministración de auga na parroquia. Na reunión, que está dirixida ao conxunto da veciñanza teña ou non auga da rede veciñal, participará a Portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

Por outro lado, e co obxecto de que o Alcalde dea as explicacións pertinentes a respecto da garantía de subministración de auga na rede municipal, o BNG tamén ten solicitado desde o pasado mércores unha reunión inmediata e urxente da xunta de portavoces da corporación municipal, mais a día de hoxe aínda non foi convocada: “o goberno debe informar ao conxunto dos representantes veciñais sobre que medidas ten tomadas para resolver os problemas de control do consumo de auga, non só na parroquia de Vilaza, senón no conxunto da rede municipal, e explicar porque, logo de seis anos, aínda non está regularizada a situación administrativa do servizo nesa parroquia”, indica Rodríguez.