O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Gondomar convoca á veciñanza de todas as parroquias do municipio a unha asemblea informativa aberta para analizar a situación da prestación de servizos básicos municipais e as posíbeis actuacións a desenvolver.
Concretamente abordaranse as problemáticas relacionadas coas carencias en servizos públicos como o saneamento, a auga, a recollida de lixo, o transporte e outros, no camiño de artellar fórmulas de actuación veciñal para afrontalas.
A asemblea será o vindeiro martes 25 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar.