Unha aposta de futuro. Iso é o equipo co que o BNG de Tomiño quere renovar o apoio dos tomiñeses e tomiñesas, logo de 12 anos transformando en positivo a vida da vila a través dun proxecto integral no que os servizos públicos, a renovación urbana e o dinamismo económico e social son eixo vertebrador.

E para seguir traballando nese proxecto de futuro e facer que Tomiño siga sendo referente en política municipal, a candidata nacionalista á Alcaldía e actual alcaldesa, Sandra González, apostou por un equipo que combina a experiencia das persoas máis veteranas co aire fresco de novas incorporacións de mozos e mozas de Tomiño.

Un grupo de xente comprometida coas persoas de Tomiño, con coñecemento, ganas e motivación para seguir transformando o concello porque “quedan moitos proxectos e ideas que executar. O mellor aínda está por vir”. A candidatura está conformada por:

  • Sandra González Álvarez
  • Uxío Benítez Fernández
  • Cristina Martínez Souto
  • Lois Vázquez Calvo
  • Alexandre Pérez Souto
  • Ana Isabel Fernández Carrera
  • Ismael Troncoso Martínez
  • Francisco Campo Lago
  • Manuel Álvarez González
  • Ana Belén Casaleiro González
  • Fátima Rodríguez González
  • María Xosé Vázquez Rodríguez
  • Santos Rodríguez Ozores
  • Agustín González Rodríguez
  • Noel Claro Portas
  • Ramón Carneiro Valverde
  • Marisa Hombre Eiras
  • Miguel Diz Álvarez
  • Carla Alonso Ozores
  • Rubén García Filgueiras
  • Olga Orduña Pereira
  • Christian Villaverde da Cruz
  • César Puertas Calzado
  • Charo Lorenzo Crespo
  • Loli Montero Martínez
  • Suso Montero Villar
  • Camilo Riveiro Alonso

Convencidos de que ‘O mellor está por vir’, o BNG de Tomiño está presentando en todas as parroquias un programa no que teñen especial protagonismo tanto a consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados, como a humanización e mellora dos espazos públicos do Seixo, a reconfiguración e mellora dos espazos públicos de Goián ou o remate da Senda do Río Miño entre Goián e Tui. Tamén son de vital importancia todas as actuacións de mellora dos espazos públicos nos núcleos das parroquias así como todas aquelas novas iniciativas que mellorarán o futuro da vila, como a construción da biblioteca ou o centro de iniciativas agrarias.