Fonte Paseo Familia Álvarez Blázquez

O BNG solicita que se arranxe a conducción de auga que abastece a fonte situada no parque infantil do Paseo da Família Álvarez Blázquez levando esta petición a través dun rogo ao vindeiro pleno municipal.

Tal como se mostra na fotografía, a fonte está sen auga nun lugar onde as crianzas e familias pasan tempos de xogos e ocio. Segundo comentan @s usuari@s do parque infantil, o desperfecto leva meses sen arranxar.

«Nesta época de verán, con altas temperaturas, non ten sentido que os recursos hídricos nos parques onde xogan nenas e nenos, non sexan aproveitados corretamente«, apuntou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui.

Por outra parte, a maleza invade tamén a zona exterior da Alameda, a que dá contra o río, como mostran as fotografías que adxuntamos. «Animamos aos responsábeis municipais a dar un paseo pola zona e comprobar eles mesmos, directamente, canto se pode mellorar, sen dúbida, a limpeza e adecentamento desta parte da nosa contorna», sinalou a portavoz nacionalista.