CEDIDA // Conjunto histórico de Tui

Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, califica de burda propaganda eleitoral o anuncio do PP de abordar no seu programa a recuperación do centro histórico apoiándose no programa Rexurde da Xunta de Galiza para a compra e restauración de edificios en zonas históricas.

Na propia noticia en prensa son dous dos varios candidatos da dereita tudense os que aparecen apropiándose da idea, facendo campaña eleitoral a poucas semanas das eleccións a costa dun tema fundamental para a veciñanza tudense.

O que debera de explicar o PP de Tui, en nota de prensa, con maioría absoluta, tanto no concello de Tui, coma na Xunta, ou no seu momento no Congreso, é por que non fixo absolutamente nada para evitar o deterioro do conxunto monumental. Máis ben todo o contrarrio, permitíu e fomentou o seu abandono. Tempo tivo en preocuparse por recuperalo poidendo conseguir axudas de governos “amigos” e non o fixo. Como pretende que agora as nosas veciñas e veciños crean nas súas intencións?“, apuntou a nacionalista Carme Núñez.

“En canto ao señor Padín, xa sabemos que se apunta a calqueira “bombardeo” con tal de ser protagonista e de saír na foto. Mais non hai ego que poida tapar o feito de non ter concelleira de urbanismo nun concello como o de Tui que precisa tanto o seu traballo neste departamento“, salientou Núñez.

“Tivemos que ser nós, durante o o governo municipal anterior, desde a concellaría de patrimonio, as que rescatamos e comezamos a por en valor o conxunto histórico tudense ante a ineptitude de sucesivos governos do PP“, finaliza a voceira nacionalista.