O BNG denuncia as condicións deplorábeis que usuarios, así como o persoal técnico de servizos sociais, están a padecer no Concello da Guarda.

O BNG, despois de ter visitado as instalacións puido observar arquivadores rotos, móbeis de oficina “reciclados” en pésimo estado, espazos sen ventilación, escasa ou ningunha luz natural, falta deprivacidade e unha “sala de espera” de 4 metros cadrados e porta aberta. «Esta é a realidade que padecen aquelas aspersoas usuarias e traballadoras dos servizos sociais da Guarda«, aseguran.

Esta é unha situación deplorable pola que atravesan tamén áreas como a de turismo e a Policía Local que deixa as claras a realidade paralela na que parece vivir o alcalde e seu equipo de Goberno”, comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG esixe a recolocación urxente da área de Servizos Sociais, sendo un área tan sensible, cunha gran carga de traballo e que leva demandando durante anos unhas instalacións acordes ao servizo que presta.

«Para nos é incomprensible ver como tendo espazo e posibilidades económicas para facelo, o alcalde negue a excelencia dun servizo tan demandado polos guardeses«, afirma Baz

A este tipo de inversións referíase o BNG cando os demais grupos políticos decidiron malgastar case 300.000 € na innecesaria compra de Fínola”, sinala o voceiro nacionalista.