Trala compra por parte do Concello de A Guarda da finca a Fínola, O BNG manifesta o total rexeitamento ao acordo entre PSOE, PP e Fani Iglesias para comprar a finca de Fínola, por ser un regalo para a Banca.
O BNG sempre considerou importante que a Finca de Fínola, a día de hoxe propiedade da Banca, fora patrimonio do Concello.
O desenvolvemento de todo o PERI suporía para o Concello da Guarda 5.000 m2 de espazos públicos para o pobo da Guarda totalmente gratuítos, que é case o dobre do que pretenden mercar. Polo que deberán explicar quen son os auténticos beneficiarios desta manobra de compra-venda.
“En vez de optar por esta medida que contempla a lei, sorprendentemente o Alcalde da Guarda é o do PSOE co apoio do PP e de Fani Iglesias vai despilfarrar máis de 300.000 € en mercar un terreo que utilizando a lexislación vixente sería do Concello”,comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG advirte que o Concello da Guarda pode modificar o PERI para desenvolver toda a zona como mellor beneficie ao conxunto do pobo da Guarda. Pode modificar o debuxo da área, o tipo de xestión, etc. que levaría incluso a aumentar os equipamentos para o concello.
Para o BNG “ou o Goberno municipal do PSOE e os seus aliados neste negocio (PP e Fani Iglesias) son uns incompetentes ou deben explicar quen son os auténticos beneficiarios desta operación ademais da Banca“.
Dende o BNG indican que “non éxiste ningunha oportunidade fantástica para A Guarda, tal como trata de vender o Goberno municipal e os seus aliados, a oportunidade fantástica é para a Banca que se libra dun “marrón” e recibe máis de 300.000 €”.