A retirada de simboloxía franquista é unha obriga legal que as Administracións locais deben asumir. Nalgúns casos a falta de orzamento impide que os concellos leven adiante as retiradas, para iso a Deputación de Pontevedra ten unha liña de subvencións para que os concellos cumpran coa normativa da Lei de memoria vixente.

Dende o BNG aseguran que o concello da Guarda ven de renunciar a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra, para a eliminación de símbolos afectados pola Lei da Memoria Histórica.

Que o goberno PP-Fariñas renuncie a unha subvención que tiña concedida para este cometido supón non só perder unha oportunidade para cumprir coa Lei, senón un desprezo  a todas as persoas represaliadas por defender a liberdade fronte a sen razón da ditadura franquista”, lamentou o portavoz do BNG, Anxo Baz.

«Non resulta estraño que un Alcalde do PP coma Roberto Carrero que no seu momento decidiu retratarse co líder da extrema dereita, actúe desta maneira. Semella máis sorprendente que o seu socio de goberno Celso Fariñas, se preste as manobras da dereita máis nostálxica do pasado», rematan dende o BNG.