O BNG do Rosal celebrará este sábado o acto central da campaña ás eleccións locais. Será nun acto público, ás 21:30 horas, nos Baixos do Concello, no que ampliarán o aforo respecto ao acto de presentación. Os nacionalistas locais contarán co apoio do Deputado Provincial Uxío Benítez.
A candidata nacionalista, Ánxela Fernández, asegurou que dará conta das propostas máis salientables e importantes do programa de goberno co que se presentan.
Dende a formación nacionalista manifestan que, estas propostas son froito do traballo desenvolvido, das reunións mantidas coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, dando lugar a un proxecto baseado nas necesidades reais das persoas.