Para o BNG é incomprensible falar de presas na redacción dun proxecto que leva dous anos de atraso. Hai que remontarse a 2016 para comprobar como este mesmo goberno asume un compromiso plenario coa aprobación da moción presentada pola veciñanza e defendida polo grupo nacionalista. 

«Á improvisación coa que actúa o goberno socialista pon de manifesto unha vez máis unha maneira de actuar rutinaria, chapuceira  e sen perspectiva» denuncia o voceiro do BNG,Anxo Baz.

O documento non contempla o retranqueo de varias fincas fora de alineamento, o que perpetúa o estreitamento da rúa e a imaxe de abandono nalgunha das fincas con muros con perigo de derrube, aparición de ratas, etc.

Despois de visitar a obra coa veciñanza, o BNG esixe o arranxo destes e outros problemas, como a filtración de augas nas vivendas que denuncian os residentes na rúa dende fai anos.