Este xovez, ás 21:30 horas, arranca un novo ciclo no Auditorio de Goián coa película Tres Anuncios Nas Aforas dirixida por Martin McDonagh.
Conta a historia de Mildred Hayes, unha muller de 50 años que inicia unha guerra contra a Policía do seu pobo porque non se esforzan en resolver a violación e asasinato da súa filla adolescente. Contrata unhas vallas publicitarias denunciando a pasividade policial.
Premios (2017): 2 Oscar: Mellor actriz (McDormand) e actor sec. (Rockwell). Festival de Venecia: Mellor guión (Martin McDonagh). 4 Globos de Ouro: Mellor película drama, guión, actriz (McDormand) e actor de reparto. 5 Premios BAFTA: incluindo Mellor película. Festival de San Sebastián: Premio do Público
O xoves 3 de marzo o cineclub proxecta un drama xaponés “Un Asunto De Familia” dirixida por Hirokazu Koreeda.
Sinopse: Osamu e o seu filloa atopan unha nena no medio dun frío glacial. A familia aínda que é pobre acóllea e vai sobrevivindo con pequenos delitos. Un accidente revela segredos ocultos e pon a proba os lazos que os unen.
Premios: (2018) Palma de Ouro en Cannes á Mellor película , César á Mellor Película Estranxeira, Premio da prensa en San Sebastián
O xoves 2 de abril é a quenda de Cafernaúm unha película libanesa dirixida por Nadine Labaki .
Sinopse: Ante un tribunal, Zaín, un neo de 12 anos declara ante o xuíz: ¿Por que demandas aos teus propios pais?- Por darme a vida.
Pecha o ciclo o xoves 7 de maio con Benzinho, dirixida polo brasileño Gustavo Pizzi. Conta a historia dunha ama de casa de Río de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmán e ao seu sobriño, vítimas de malos tratos.
Rebaixa: O bono para as catro películas custa 6 euros
O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
