Plan de Movilidade de A Guarda

O BNG presentou un escrito instando ao Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a poñer en marcha distintas iniciativas encamiñadas á posta en marcha de rutas escolares seguras, tal como ven indicado no Plan de Mobilidade da Guarda.

As rutas escolares seguras son unha iniciativa que vai acompañada dunha redución e calmado do tráfico en zonas circundantes dos centros escolares, con esta medida garántese o aceso á pé ou en bicicleta a escolares e acompañantes, evitando así a necesidade de ter que utilizar o vehículo privado.

O BNG leva tempo apostando por medidas deste tipo que significan un cambio de modelo de xestión urbana con grande éxito en lugares como a cidade de Pontevedra, así como Tomiño.

Cada vez é menos comprensíbel a actitude do Alcalde da Guarda de seguir agochando o Plan de Mobilidade. Este plan é imprescindíbel para poder optar ao financiamento deste tipo de proxectos que benefician aos máis desprotexidos: nenos, nenas, persoas maiores e con discapacidade”, comentou Ángel Baz, voceiro municipal do BNG.

O plan de mobilidade da Guarda

O plan de mobilidade é un documento realizado por expertos no que se acredita a necesidade de, entre outras, un novo aceso ao porto da Guarda, a reforma de Concepción Arenal e a necesidade urxente de creación de “rutas escolares seguras”.

Dende o BNG ínstase ao Alcalde da Guarda a que solicite á Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza o financiamento para a realización de rutas escolares seguras para as diferentes zonas escolares da Guarda, dependendo das competencias de cada administración.