ALFREDO

Nun comunicado de prensa, o BNG de Nigrán critica a «pésima xestión do goberno municipal no caso da avería da traída de auga que afectou a todo o Concello este pasado sábado».

Os nacionalistas inciden que «sobre as 10 da mañá, produciuse unha avería no sistema de augas de Nigrán que afectou a todo o concello con distintos grados de gravidade. Na zona de Ramallosa durante o corte de auga, que en zonas como Vilaméan ou Priegue era manifesto, sólo se produxo unha baixada de forza na auga do grifo».

«Por outra banda«, indican, «a xente non sabía que ocorría, chamaban á Policía Local e non recibían resposta, chamaban a Aqualia e obtían o mesmo resultado. Eran as 22:00 horas (12 horas despois da avería) e zonas como Priegue seguían sen auga e na Ramallosa, por non terse feito unha purga en tempo e forma, saía auga turbia con sedimentos ferrosos das tuberías. De feito, temos noticia de que ao día seguinte inda había zonas de Monteferro e Priegue sen o suministro restablecido. Sen embargo, según o propio Alcalde, dende as súas redes sociais, a avería estaba arranxada dende ás 17:15 horas do propio día. Polo que entendemos deixou de facer seguimento de dita avería«.

«Dende o BNG lamentamos a incompetencia do goberno en xestionar a avería e de non ter debidamente informados aos veciños zona por zona. Inda eran moitas as áreas de Nigrán que seguían sen auga, ou o suministro era turbio, e polo tanto no apto para o seu uso, cando el desfrutaba en Vilariño dunha cea ca comisión de festas, para logo trasladarse ao Chande Folk«, explican os nacionalistas.

Para o BNG «o alcalde está máis pendente de saír nas fotos e estar en todos lados menos onde se lle precisa: no concello ao frente dun equipo de crisis xestionando a avería sen desistir ate que todo Nigrán tivese restablecido o suministro. No BNG entendemos que as averías ocurren e non se poden evitar, pero sí xestionar correctamente, cousa que con un soldo de 50.000 euros anuais debería terse feito. O que non pode é xerarse tal perxuizo para a veciñanza mentres ven que o seu Alcalde non para de subir fotos e máis fotos de él desfrutando, mentras hai xente que non pode nin ducharse ou cociñar debidamente. Lamentamos esta actitude, e como forza política, e afectados pola avería, esperamos que se tomen as debidas medidas para cando se produzca unha avería imprevista se tomen todas as medidas necesarias, como por exemplo, unha reunión con Aqualia para saber por qué non estaba restablecido o suministro cando se comunicou que sí o estaba«.