A oposición de Gondomar, «diante da falta de respecto a unha concelleira do PP por parte do Alcalde, Paco Ferreira», abandonou o pleno municipal extraordinario celebrado este luns a instancias da propia oposición.

Vostede non sabe nin o que presenta, vostede presenta o que lle escriben». «Esta é a frase que lle espetou o Sr Ferreira á Portavoz Municipal do PP, Paula Bouzós, no debate dunha moción que ela presentaba», explican dende o BNG.

Ante esta nova falta de respecto por parte do Alcalde a unha integrante da corporación municipal, a portavoz do BNG, Manuela Rodríguez, solicitoulle que retirara esas palabras para poder continuar co pleno. «Ferreira lonxe de se retractar, apagoulle o micro á concelleira nacionalista por non estar en uso da palabra e recriminoulle que a concelleira Bouzós podía defenderse soa», indican os nacionalistas.

A voceira do BNG é consciente de que a representante do PP e sobradamente capaz de se defender, máis afirma que “ante as reiteradas faltas de respecto do Sr Alcalde, a ferramenta que nos queda é a solidariedade”.

Dende o BNG lamentan que o realmente grave é que o Alcalde non se decate de que «neste tema o importante non é quen defenda a quen, o grave é que faga falta defenderse».

Ante esta nova mostra da actitude «prepotente» por parte do rexedor de Gondomar, toda a oposición decidiu abandonar o pleno como forma de protesta, «agás o concelleiro de Ciudadanos, Manuel Gómez«, rematan.