O BNG de Gondomar continúa esta semana coas charlas parroquiais que están a servir para poñer en común coa veciñanza a situación do saneamento nas súas localidades e para recoller e trasladar propostas de mellora neste servizo de competencia municipal. Concretamente este mércores 13 será en Mañufe e o sábado 16 en Donas, ambas as oito da tarde e nos respectivos centros culturais.
Como primeira medida, para as vivendas que non están cubertas pola rede de sumidoiros o BNG trasladará a veciñas e veciños de Peitieiros a súa proposta de implantación dun servizo municipal de baleirado de pozos negros e fosas sépticas, como se está a facer en concellos gobernados polo BNG como Tomiño, Ponteareas ou Mondariz con moi boa acollida e resultado.
O que espera a veciñanza do goberno local son actuacións que melloren a súa calidade de vida, “mais a día de hoxe o goberno de Paco Ferreira só ofrece promesas electorais para tratar de tapar as carencias de servizo e a falta de investimentos que a campaña do BNG pon en evidencia”,lamenta a Portavoz do BNG, Manuela Rodríguez.