Este sábado, no café Keik da rúa das Ánimas 8, a partir das 20:00 horas, o BNG de Gondomar organiza un encontro feminista para falar das reivindicacións e obxectivos que obrigan á participación nas movilizacións do vindeiro 8 de marzo.
Ese día, as mulleres de todo o mundo, tamén as galegas, están outra vez chamadas a unha folga internacional para amosar que están fartas de aturar a desigualdade en todos os ámbitos da vida.
Neste encontro participarán Ana Bringas, de Acción Feminista do BNG e Mercedes Domínguez, sindicalista da CIG, que farán as intervencións iniciais que darán paso ao debate posterior.
