ALFREDO // Archivo

A defensa e o mantemento do sistema público de pensións debe ser unha prioridade de toda a sociedade e, por descontado, de todos os axentes sociais, partidos políticos principalmente.

É unha conquista da clase traballadora que o poder quere debilitar. Dende o Goberno do Partido Popular estase a executar un plan premeditado para minguar as pensións públicas mentres se traballa para fortificar o negocio privado do aforro.

O noso país é dobremente vítima  xa que os galegos temos as pensións máis baixas do estado (o 60% son inferiores ao salario mínimo) e 1 de cada catro mulleres galegas maiores de 65 anos vive por baixo do limiar da pobreza.

Para que @s pensionistas do presente e do futuro poidan ter toda a información sobre as súas prestacións e as claves para defender un sistema público sostible, o BNG de Oia organiza unha charla informativa este xoves 21 de xuño , ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Sta. María de Oia. Participan o vicerresponsábel  local do Bloque, Afonso A.Cáccamo, quen presentará aos relatores, Xosé Benito Alonos «Mansa»,portavoz da plataforma de emigrantes retornados no Baixo Miño  e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego. Aí daranse as claves do por que e cómo hai que defender as pensións públicas.