As concelleiras nacionalistas Beatriz Lomba e Nuria Vázquez

O BNG chama a participar na concentración convocada pola CIG na Guarda o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, ás 12 da mañá, na Praza Avelino Vicente.

As concelleiras nacionalistas Beatriz Lomba e Nuria Vázquez anunciaron a presentación dunha moción no Concello da Guarda na que se demanda á Xunta de Galiza a posta en marcha do compromiso incumprido desde o 2019 de impulsar cláusulas de igualdade na contratación pública no noso país.

Así mesmo, na moción demándase do Goberno Central o aumento de recursos destinados a inspección laboral e a súa transferencia a Galiza. Tamén se require a ratificación do convenio 189 da OIT que é chave para a dignificación e protección das traballadoras do fogar que entre outras cousas lles garantiría o dereito á prestación por desemprego.