YOUTUBE // Centro de salud de A Guarda

O BNG presentou unha moción para ser discutida en pleno no que se insta á Consellería de Sanidade e ao SERGAS a negociar cos traballadores da sanidade pública as demandas laborais presentadas polo colectivo, así como amosar a solidariedade do pobo da Guarda ante a situación que están a vivir.

Hai máis de 10 meses as traballadoras dos PAC presentaron por escrito unha táboa de reivindicacións que recollían as necesidades deste colectivo para realizar o traballo en condicións de seguridade e con calidade asistencial. Entre as reivindicacións están os equipos paritarios enfermería-persoal médico, dotación de necesidades dos PAC, cumprimento da normativa europea de tempo de traballo, dotación de equipos de protección individualizados, ….

Para o BNG a situación «é insostíbel e consecuencia da política sanitaria do PP, que levou a unha degradación de tal calibre dos servizos sanitarios que fixo poñer en pé de guerra aos traballadores dos PAC«. Ao mesmo tempo indican que «é preocupante a situación na que está deixando o PP a sanidade galega, en especial os servizos sanitarios da Guarda«.

Dende o BNG levamos anos reclamando unha serie de melloras para o entro de Saúde da Guarda: mellora do servizo de urxencias, implantación dun servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada, … e o PP negou todas estas reivindicacións para a Guarda”, comentou Anxo Baz, voceiro municipal do BNG.

O BNG presentou unha serie de emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2019 no que se inclúen melloras para o PAC da Guarda como un servizo de radioloxía, unha ambulancia medicalizada ou a mellora do servizo de urxencias.