A falta de oferta do bacharelato de artes no Baixo-Miño obriga ao alumnado da comarca a desprazarse fora do seu en torno si desexan cursar esta modalidade de ensinanza media.

O sistema educativo debe velar para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades. Resulta evidente que o alumnado da Guarda e dos outros Concellos do Baixo-Miño non as teñen para acceder a esta modalidade do bacharelato.

Coa finalidade de reclamar da Xunta de Galicia a oferta do bacharelato de artes, este martes 7 de xuño, ás 20:00 horas, no baixo do Concello da Guarda, o BNG celebra un encontro coa comunidade educativa, aberta a todas as persoas que estean interesadas neste tema. No acto ademais do Portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, se contará coa presenza de Manuel Lourenzo, membro da comisión de Educación e Cultura no Parlamento Galego.