O portavoz municipal do BNG da Guarda, Anxo Baz, e o concelleiro Xosé Manuel Méndez, reuníronse este luns coas ANPAS da localidade para analizar a problemática do comezo de curso.
Nesta reunión as representantes das asociacións de nais e pais trasladáronlle ao BNG o clima de incerteza e desconfianza da comunidade educativa sobre a posta en marcha deste curso escolar por mor da improvisación e da falta de medidas claras da Consellería de Educación da Xunta de Galiza.
Pola súa parte Anxo Baz manifestou aos representantes das ANPAS que para o BNG “ a prioridade debe ser unha volta a as aulas segura e presencial. Debemos esixir que o noso estudantado non teña que escoller entre o dereito a educación é o dereito a saúde. O goberno da Xunta leva meses de deixación das súas funcións, foi incapaz de establecer dialogo coas Federacións de ANPAS e cos representantes do profesorado. A día de hoxe e co curso comezado en primaria e a piques de comezar en secundaría os anuncios contradictorios da Consellería non deixan de sucederse”.
Xosé Manuel Méndez incidíu tamén no despropósito que está supoñendo este comezo de curso “a Xunta leva meses sin escoitar a ninguén e adicada a botar balóns fora . A Xunta ten a obriga de exercer as súas competencias. Non houbo nada que lle impedise tomar as medidas oportunas a tempo sobre ratios, espazos, distancias de seguridade transporte ou comedores escolares e chega a setembro cos deberes sen facer e creando un clima de incerteza e inseguridade en toda a comunidade educativa”.
Os representantes nacionalistas anunciaron aos representantes das nais e pais que van presentar unha moción no próximo pleno dirixida á Xunta de Galicia sobre o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino para o curso escolar 2020-21 así como o apoio do BNG a concentración organizada pola comunidade educativa o vindeiro mércores ás 7 da tarde na praza do Reloxo na Guarda.