O BNG manterá unha reunión con integrantes das directivas das Comunidades de Augas do concello de Gondomar, na súa calidade de representantes das entidades que xestionan o subministro de auga ao 60% da poboación deste concello.

O encontro terá lugar mañá martes, 21 de xuño, ás 20:30h, no Centro Cultural de Borreiros. Por parte do BNG asistirán Alfredo López, responsable local de medio ambiente, e Manuela Rodríguez, portavoz municipal, que estarán acompañados polo deputado Luís Bará, portavoz de medio ambiente no Parlamento Galego.

Nesta reunión, que dará continuidade á mantida no pasado mes de outubro, abordarán diversos temas de interese como aqueles aspectos que máis afectan ás traídas do proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga que está a tramitar a Xunta, ou o contido do Plan da Seca, presentado polo goberno local o pasado 26 de maio e que foi realizado sen ter en conta ás comunidades de augas e o peso poboacional ao que estas dan servizo.