Un arenal de Panxón tras las fiestas de San Xoán (archivo)

A Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non Profesionais, O Buxeiro, organiza unha recollida de plástico pola costa da Guarda.

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 21 de xullo. A saida será ás 8:00 horas da alameda da Guarda. Non fai falta anotarse. Entragaránse luvas e bolsas.

Os residuos plásticos están a afogar os nosos mares, e este é o momento de parar esta invasión.

Segundo Greenpeace, ata 12 millóns de toneladas de plástico entran cada ano nos nosos mares a nivel mundial, o que supón o 80% da contaminación mariña.