No noso afán de fomentar o amor pola poesía e preservar o noso entorno natural, os equipos de Educación Ambiental e Biblioteca do CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo”, queremos fundir ámbalas dúas celebracións e render o noso peculiar tributo.

Para elo, levaremos a cabo polas rúas de A Guarda, Manuel Álvarez, Paseo Marítimo, Alameda e San Benito, o vindeiro 21 de marzo, o que lle demos en chamar “Poemas para levar”. Así, calquera veciño que lle guste algúnha das nosas poesías poderá seguir disfrutándoa levándoa consigo. Tódolos poemas estarán pendurados nas árbores e arbustos das rúas mencionadas. Serán de temática libre, uns creados polos mesmos alumn@s e outros elexidos por eles de poetas e poetisas coñecidos e posteriormente decorados libremente.

Decía Kahlil Gibran que, “ As árbores son poemas que a Terra escribe no ceo”, e de todos é sabido a gran atracción que sentiron sempre polos bosques e polas árbores grandes artistas, poetas e poetisas. Por elo, invitamos a tod@s a achegarse as nosas zonas verdes e disfrutar da imaxinación dos nosos pequenos.

“Hai palabras saborosas que alimentan o pensamento, hai palabras agarimosas que quentan o corazón, hai palabras soñadoras que nos levan de aventuras, hai palabras doces, lambetadas para os sentimentos. Hai palabras en galego: saborosas, agarimosas, soñadoras, doces…que esperan ser lidas, escoitadas, levadas …A que esperas? ( do blog: marcosdaportela.blogspot.com)”.