XUNTA DE GALICIA // CEIP de Barrantes

Os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granja Paz, representando aos grupos da sección de teatro, Luis carballo Moure, membro do IEM, actuou como secretario, nos locais do Instituto de Estudos Miñoráns, acordaron por unanimidade a concesión do premio do I Certame Escolar de Creación Dramática, promovido e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns, ao Ceip Barrantes (Tomiño) pola obra: Oito apelidos galegos.

A obra está escrita polos alumnos/as de quinto de primaria con idades comprendidas entre os 10 e 11 anos. O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo alumnado.

Ademais, o xurado decidiu entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación e un libro.