ALFREDO // Centro cultural O Torreiro de Priegue

O Centro Cultural “O Torreiro de Priegue», en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, celebra este sábado 14 de setembro o “II Certame de Acordeóns” no que participarán os grupos de arcodeóns Brisas de Bouzas, o grupo de acordeóns do CV Matamá e o da Tataraña de Vigo.

O Certamé rematará coa actuación dos mestres acordeonistas Jaime Vilas, Alberto Leboso, Manuel Olegario e o gran acordeonista local e Premio Grammy, Roberto Comesaña.