O Concello de Nigrán rematou as obras de acondicionamento das beirarrúas na contorna do pavillón, unha actuación na que se invistiu 73.000 euros a cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

Estas comprenden as rúas Gondomar, Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo, todas en moi mal estado e inaccesibles debido a antigüidade da loseta hidráulica.

Os traballos consistiron en levantar a actual beirarrúa e os seus cantos  de cemento para pavimentar todo con granito (losetas de 40×60 cm e cantos de granito mecanizado de 10×20 cm). Ademais, substituirase a sinalización vertical, en moi mal estado de conservación.

O conxunto rematouse no día de onte coa instalación de tres novas farolas  na rúa Gondomar, fronte do pavillón, para ofrecer unha mellor iluminación e un remate axeitado a un espazo urbano.

As tres farolas “mega dra-1004” de 9,5 metros de altura e con forma de gran vela está formada por base de fundición de 2,5 metros de altura con acanaladuras decorativas e xeometría tronconónica; o fuste en acero galvanizado con forma de vela que incorpora tensores e 3 grandes proxectores equipados con tecnoloxía LED.