Bruce Weber

O fotógrafo e cineasta estadounidense Bruce Weber chega ao festival galego para presentar tres títulos entre os que se atopa o seu último traballo cinematográfico.

O cineasta estará mañá presente nas sesións das súas dúas primeiras películas que forman parte da triloxía que mostrará no certame.  Ás 20:30 h o público poderá descubrir a súa primeira longametraxe, Broken Noses (1987), un retrato cheo de tenrura sobre a figura de Andy  Minsker, antigo campión de boxeo e cunha carreira frustrada que xestiona en Oregón un humilde club dirixido a mozos dotados de moito talento e potencial que proveñen de contornas desfavorecidas. Nesta mesma xornada, ás 22:30 h, terá lugar a proxección de  Let´ s  Gest  Lost (1988).

Weber foi nomeado ao Óscar ao mellor documental por este marabilloso retrato sobre o último ano da vida do músico  Chet Baker. O filme esta considerado por moitos como o mellor documental de jazz xamais feito sobre unha das máis grandes lendas do jazz de todos os tempos. Bruce Weber acudirá a presentar ambas as proxeccións e estará presente ao finalizar para ter encontros co público asistente.

Panorama Galicia. 

O cinema producido en Galicia tamén ten un gran protagonismo na xornada do venres, que arrinca mañá coa proxección de Hamada, película dirixida por  Eloy Domínguez  Serén, que chega a Tui tras un gran percorrido por festivais internacionais. A segunda proxección do día, tamén dedicada a creadores galegos, aglutina un gran numero de propostas en formato curto nas que se poderá comprobar a enorme riqueza e diversidade nas miradas, nas formas e nos formatos que nos propoñen. Poderanse ver os traballos: A Typical Morning de  Arancha Brandón,  Empalaos- Valverde de la Vera de Iria  Sanjurjo,  Illha de Alexandre Cancelo, Lucía en la noche de David Varela e  Rexistros.  Xeografía de San Sadurniño de Adrián  Canoura. Ao finalizar a proxección os cineastas falarán co público sobre os seus traballos.

Respecto a a sección competitiva, hoxe venres, poderase gozar da película gañadora do prestixioso premio Bright Future Award no IFFR, Festival Internacional de  Róterdam, Ao Volta  ao Mundo quando  tinhas 30 anos, da realizadora xaponesa afincada en  portugal,  Aya  Koretzi, que elixiu o festival  Play-Doc para proxectar por primeira vez en España a súa segunda longametraxe. Un emotivo retrato do seu pai visto polos seus ollos a través dun álbum de fotos, que converte nun estudo sobre a calidade do efémero, o paso do tempo, a pertenza a un lugar e a natureza cíclica da vida. O público tamén poderá gozar por primeira vez en España, tras o seu paso polo festival de Venecia, da película Humberto Mauro. Neste tributo ao lendario realizador, o seu sobriño neto  André dei Mauro, director do filme, fai un repaso pola súa monumental cinematografía obtendo como resultado unha obra enormemente poética.

Mañá venres, terá lugar a primeira xornada de Eppur si muove (E, con todo, móvese), como parte das actividades paralelas que o festival deseñou para esta décimo quinta edición. Baixo este título o certame propón un programa que conecta o traballo de cineastas e fotógrafos, disciplinas que están a vivir un momento de efervescencia creativa, especialmente entre autores e creadores galegos. Nesta primeira cita os asistentes gozarán dos encontros con Amador Lorenzo e Rubén Gasalla na que presentarán ao público os seus proxectos fotográficos, Dique de abrigo e A paisaxe é fermosa, respectivamente, e para os que se apoiaron no vídeo durante os seus procesos de creación.

Axenda venres 5 de abril

  • 11.30h I Hamada Eloy Domínguez Serén Panorama Galicia
  • 16.30 Cortometrajes Panorama Galicia I Panorama Galicia
  • 17.30 I Eppur si Muove Actividades paralelas
  • 18.30 A Volta ao Mundo quando tinhas 30 anos Aya Koretzi I Sección competitiva
  • 19.30 I Hamada Eloy Domínguez Serén Panorama Galicia
  • 20.45 Broken Noses I Bruce Weber Retrospectiva
  • 21.30 Humberto Mauro André di Mauro Sección competitiva.
  • 22.30 Let´s Get Lost Bruce Weber I Retrospectiva.