Cartas de Guerra

O ciclo de películas relacionadas coa literatura, escritores e as suas creacións, ofrece o xoves 5 de abril ás 21:30 horas no auditorio de Goián a película, Cartas de Guerra, do director portugués Ivo Ferreira. 

Cartas de guerra é unha adaptación da obra do escritor Antonio Lobo Antunes, do mesmo nome.

Sinopse:

Relación epistolar entre un soldado médico destinado en Angola, na guerra colonial, que escríbía á súa muller embarazada. Unha fantástica adaptación dun debutante que consegue co branco e negro debuxar a esperanza, a dor da separación, o enamoramento profundo na distancia.

Estamos en 1971, en Angola. O exército portugués recluta a Lobo Antunes para exercer como médico nesa zona da guerra colonial. Vai namorándose de África e madurando políticamente xunto a toda unha xeración que atopa nas cartas unha maneira de amarrarse á supervivencia mentres Portugal se enfronta ao fin do imperialismo.

O xoves 3 de maio é o turno de “Paterson” escrita e dirixida por Jim Jarmusch. Narra sete días da vida dun conductor de autobús e poeta afeccionado e da súa moza. Un expléndido contraste de vidas. Él, un amante da rutina , ela, soñadora infatigable.

O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.