O Cineclub Poleiro proxecta este xoves, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián e con entrada de balde, o documental «Fráxil Equilibrio», que será narrado por José Mujica.

«Fráxil Equilibrio», dirixido polo galego Guillermo García López e que levou o Premio Goya ao mellor documental en 2017, é unha película universal que a través de tres historias en tres continentes mostra as clases sociais dividen pero a humanidade nos une.

É unha película potente que fala de que é vivir, que significa traballar, de implicarse en descubrir que son os dereitos humanos, que hai máis alá das fronteiras dos países desenvolvidos, da existencia da pobreza extrema.