O xoves, 7 de marzo, no auditorio de Goián ás 21:30 horas, o Cineclub Poleiro proxectará COLD WAR , do director polaco Pawel Pawlikowski. Unha coprodución de Polonia- Francia e Reino Unido de 2018, que recibiu o Goya a mellor película europea.
Sinopse:
Coa guerra fría como telón de fondo Cold War presenta una apaixoada historia de amor entre dúas persoas incompatibles, pola diferente orixe e temperamento, pero condenadas a estaren xuntas polo destino.
Premios:
- Festival de Cannes: Mellor director.
- Premios de Cine europeo: Mellor película, director, montaxe e actriz.
- Premios Goya: Mellor película europea.
- Oscar: Nominada á mellor director, fotografía e película extranxeira.
O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
