O club Andatui organiza, o domingo 3 de novembro, unha saída ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez.
Os asistentes camiñarán uns 22 quilómetros da Ecovia, partindo desde a freguesía de Sistelo (elixida como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e clasificados os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural) ata Arcos de Valdevez.
Nesta ruta, que discorre paralela o río Vez, camiñarase polas pasarelas de madeira de Sistelo e se gozará dunhas paisaxes espectaculares.
Solo se dispoñen de 40 prazas, con un prezo de 10 euros por participante. Xa está na páxina Andatui toda a información e o formulario de inscrición.