laroca

Este sábado celébrase a oitava xornada da liga galega de xadrez. Os catros equipos do Laroca volveran a xogar a partires das cinco da tarde na sede de Mallón.

Na primeira división, o Laroca A, intentará volver a senda dos triunfos despois da derrota na pasada xornada en Marín ante o “Ence Xadrez Marín” por 3.5-0.5, este medio punto conseguido por Tino. Con esta derrota os laroqueiros caen a cuarta posición da clasificación con 16 puntos. Con todo elo, este sábado enfrontaráse os ourensans do Benchoshey Seniors que ocupan a oitava posición con 12 puntos.

Na segunda divisíon resultado dispar. O Laroca B perdeu no seu desprazamento a Guarda ante o Albatros A, que ocupa a segunda posición da clasificación, e conta todo os seus encontros con vitorias por 3.5-0.5, medio punto conseguido por Patricio. Con este resultado os miñorans caen a novena posición con con 11.5 puntos. Así, este sábado volverán a ter un duro rival, o líder do grupo e invicto, Mos A.

O Laroca C impuxose no seu desprazamento a Vilagarcía por 0.5-3.5, puntos conseguidos por Lino, Carlos, Jorge, e unhas taboas de Chema. Con este resultado os miñorans ascenden ata a quinta posición con 14 puntos. Este sábado enfrontaránse en Mallón os tudense Chiringo Contos Tui, que ocupan a sexta posición.

Na terceira divisíon vitoria dos Laroqueiros no seu desprazamento a Mos por 0-4 ante o Mos H. Con este resultado os miñoranos poñense na cabeza da clasificación empatados ca Once con 22.5 puntos e ocupando praza de ascenso. Os puntos foron conseguidos por Ricardo, Ana, Mauro e Laura. Destacar o triunfo de esta última cunha partida que superou as tres horas de xogo.

Este sábado terán un enfrentamento moi complicado ante o tercer clasificado, o Mos D, que con 21 puntos ameazan a segunda posición a falta de dúas xornadas para rematar a liga de terceira división.