LGTBI

O colectivo LGTBI Trans Miño, que botou a andar fai unhas semanas, invita a todas as persoas interesadas a acudir a reunión aberta esta sábado ás 11:30 horas.

Nesa reunión, ademáis de presentar o proxecto a todas as persoas achegadas, comezarase a traballar nos proxectos socioculturais que se desenvolverán nos próximos meses para darlle visibilidade o colectivo na comarca.

Calquera persoa é benvida neste colectivo que ten por obxectivos defender e reivindicar os dereitos do colectivo de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, así como a visibilización dxs mismxs na sociedade.