O Club Remo Robaleira vén de celebrar o pasado sábado a presentación da Tempada 2020. Xunto cos deportistas, familiares, amigos, patrocinadores e colaboradores, fíxose un pequeno repaso das categorías cas que contan para esta vindeira tempada.

Infantiles, cadetes, xuvenís e sénior, das que só se completan dúas tripulacións para banco fixo. Polo que o clube marca como obxectivo a corto prazo a recuperación e captación de antigos e novos remeiros e remeiras.

Por outra banda, no remoergómetro, contan con dous puntais; o incansable Damián Alonso, que vén de colleitar éxitos no campionato europeo e ten o mundial nas próximas semanas; e o equipo de remo de San Xerome, cun palmarés envexable que terá que esperar uns meses para competir polos cambios de datas nos campionatos.

Destacaron tamén as melloras e cambios que se están dando no club e que seguirán, aínda que pouco a pouco, xa que precisan de axuda económica para todos eles.

Os que xa se acometeron con axudas de subvencións e do Concello, é a compra dunha nova furgoneta e de dous ergómetros novos, melloras nas instalacións como a nova pintura do ximnasio, etc. A posta a punto das palamentas de fibra que levarán o nome de Obelisco Cantería, Diser, Langosteiros e a xa clásica Mecalia.

E como novidade máis visible o cambio na equipación. Chándal e plátano (roupa de competición) que levarán o nome de ORPAGU, Pesquera Alba e Pesquera Rumbo a tódalas competicións posibles.

Dende Robaleira agradecen a todos eles e a os socios a súa contribución ao remo guardés.