O club guardés Robaleira logrou seis medallas no campionato galego de Remo ergómetro celebrado a pasada fin de semana en A Coruña.
Deses seis galardóns tres foron ouros, unha prata e dous bronces logrados por:
- Nieves Silva.
- Jaime Álvarez.
- Nuria Pereira.
- María García.
- Andrea Piña.
- Xermán Cordero.
O técnico guardés quixo felicitar ao equipo polos logros acadados pero amosábase ambicioso cara o futuro. “Quero felicitar a todos e cada un dos nosos deportistas fora do resultado acadado. Tomámonos a proba como un pequeno test de avaliación para o plantel sabedores de estar aínda por debaixo dos nosos mellores tempos, polo que de seguir traballando forte encaramos a tempada con optimismo”, remarcou Fran Martínez.
