O concello de Baiona organiza “Os Bardos”, o I Certame de Mellor Canción Galega 2019, donde poderán participar solistas ou grupos que fagan música en lingua galega, que optarán aos seguintes premios:

  • Premio “A Mellor Canción Galega” dotado de 600€, e ademáis o gañador terá a oportunidade de actuar na programación cultural do Baiverán 2019.
  • Segundo Finalista: dotado de 400€.
  • Terceiro Finalista: dotado de 250€.

De todos os temas presentados, seleccionaranse 10 finalistas, que participarán nun festival que terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona, interpretando os temas presentados a concurso, de entre os que o xurado elixirá A Mellor Canción Galega 2019.

Este certame quere facer visible a riqueza que a música galega posúe, e quere facelo dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen cotas estilísticas ou doutra índole. Deste xeito, o Concello de Baiona amosa o seu compromiso coa promoción da lingua e da cultura galega.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 30 de xaneiro, e as bases da convocatoria poden consultarse no BOPPO núm.6 do 9 de xaneiro de 2019, o una páxina web do Concello de Baiona.

Máis información na Concellería de Cultura do Concello de Baiona, no teléfono 986385921 ou en cultura@baiona.org