Trala dimisión de Miguel Fernández, quen ocupou o cargo de Presidente do Clube A Guarda Hockey Liña durante dez anos, dende a data da súa fundación ate a actualidade, o clube guardés ven de escoller en Xunta Extraordinaria a Miguel Alonso coma novo Presidente da entidade.
Miguel Alonso é unha persoa moi dinámica e ligada o mundo asociativo da Vila, participando activamente en multiples proxectos e afronta ó reto de impulsar un novo tempo para o clube guardés. «Desexo que este Clube continue sendo un referente da súa disciplina e que siga amosando os verdadeiros valores do deporte» afirmou.
Xunto con Miguel Alonso a Xunta Directiva do Clube estará formada por:
- Ana González coma Tesoreira.
- Carmen María Fernández coma Secretaria.
- Miguel Baz coma Vocal.
O Clube guardés afronta con moita ilusión o comezo desta nova tempada na que voltarán a competir na Liga Galega de Hockey Liña.