O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este outono, no que se inclúen un total de 3 novas andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

Andaina 1: Senda da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)

  • 17,3km.
  • Ruta PR-G.
  • Ruta circular.
  • Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña.
  • Dificultade media.

Ruta situada arredor do Río Barragán cun gran interese natural (bosque autóctono), etnográfico (muíños, pontes…) e histórico (restos dun asentamento).

Andaina 2: Nossa Senhora do Minho (Caminha)

  • 12km.
  • Ruta circular.
  • Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña.

Ruta iniciada no santuario de Nossa Senhora do Minho, que goza dunha espectacular vista panorámica de 360º. Dende aí desprazarémonos ao longo da Serra D’Arga, espazo de gran riqueza natural pertencente á rede Natura 2000 e que permite contemplar o mar, os ríos Miño e Lima e diversas vilas e cidades galegas e portuguesas.

Andaina 3: Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar)

  • 12km.
  • Ruta circular.
  • Saída ás 9:00 da explanada da Sangriña.
  • Dificultade baixa.

Percorrido polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque.

O prazo de inscrición para as citadas andainas está aberto do 18 de setembro ata o 30 de setembro, con preferencia para as persoas que se inscriban ás 3 andainas.

Inscricións e información na Concellería de Deportes do Concello da Guarda ou a través do correo electrónico deportes@aguarda.es