Andaina Monte do Galiñeiro (archivo)

O Clube Deportivo Vincios, organiza, o sábado 4 de maio, unha a Andaina polo Rexurdir do Galiñeiro (12 Km.), que dará comenzo ás 9:30 horas e terá unha duración aproximada de 4 horas.

Poderán participar todalas personas maiores de idade inscritas e menores a partires de 14 anos, acompañados dun adulto ou solos con permiso por escrito de pais ou titores. Os menores de 14 terán obrigatoriamente que estar acompañados dos pais.

A Andaina será por un percorrido circular (Vincios-Monte Galiñeiro-Vincios), con saida e chegada no campo de futbol a Pasaxe en Vincios.

Esta Andaina non será competitiva. Todolos participantes recibirán un avituallamento na mitade do percorrido. O mesmo tempo, terá lugar unha plantación de 45 frondosas doadas por viveiros Adoa na zona do bosque dos nenos coa colaboración da comunidade de montes de Vincios. O remate da Andaina se repartirá unha bolsa de xantar (bocadillo de chourizo asado, iogur e botella de auga).

Incripcións:

As inscripcións faranse no correo electrónico: vincios@gmail.com ou no WhatsApp 699670085 (Manolo). Será obrigatorio indicar o nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, teléfono de contacto, correo electrónico, e no caso de menores de 14 a 18 anos que veñan solos aportaran ademais permiso de pais ou titores.

O prazo de inscrición da Andaina de Vincios remata o sabado, 4 de maio, ás 9:00 horas. Prezo de colaboración de 5 € (inclue Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, Avituallamento e Bolsa de xantar). O Pago farase persoalmente no Campo de Futbol de A Pasaxe (Vincios) antes da saida.

O C.D. Vincios pora a disposición dos participantes aparcamento e vestiarios con duchas e baños.