Santa Comba, na parroquia oiense de Loureza, celebrará as súas festas tradicionais na honra de Santa Calumbra os próximos 3, 4 e 5 de maio, cunha programación que inclúe propostas musicais e gastronómicas ademais dos actos relixiosos.
As celebracións abriranse o venres día 3, ás 20:00 horas, coa subida de Santa Calumbra desde a igrexa de Loureza ata a ermida, acto que contará co acompañamento do grupo de gaitas Tra-lo Mosteiro de Oia.
A continuación terá lugar o IV Serán, ao que están convidados a participar distintos grupos de música tradicional da zona, e a partir das 22.00 horas actuará o grupo folk Ardentía.
Sábado:
- Haberá verbena a partir das 22.30 horas, amenizada pola orquestra Grafitti e polo grupo Alkar.
- Ademais, as persoas asistentes poderán degustar cocido caseiro a 12 euros a ración (pan e bebida incluídos).
Domingo:
- O día grande das festas de Santa Calumbra será o domingo, coa actuación da Banda Musical de Barro ás 11.00.
- Ás 13:00 horas, celebrarase a Misa solemne.
- A continuación celebrarase a 23ª edición da degustación de cordeiro, con racións a un prezo de 15 euros (pan e viño incluídos).
- Xa pola tarde, a programación festiva continuará cos espectáculos musicais dos grupos La Noche de O Grove e Xtra.
- Os festexos populares contan coa colaboración do Concello de Oia e máis da Deputación de Pontevedra a través de Pontegal.