concello de oia
ALFREDO // Concello de Oia

Ao longo desta próxima semana un total de 35 veciñas e veciños de Oia participarán nun novo curso programado ao abeiro do programa “Conectadas 2018”, iniciativa da Deputación de Pontevedra encamiñada á promoción e desenvolvemento da igualdade entre homes e mulleres. Así, este luns, 20 de agosto, comezará en Oia un curso formativo sobre ximnasia de mantemento.

Máis polo miúdo, a actividade de Oia está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais e desenvolverase os luns na Casa do Pobo e os mércores nas Escolas de Lourezá, en horario de 21:00 a 22:00 horas.

A estas accións formativas poden sumarse tanto homes coma mulleres e o obxectivo é promover e traballar na igualdade entre homes e mulleres.

“Conectadas 2018” é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes.